Axuda da AGAM para asistir ao X Congreso Nacional de Lactancia-Santiago 2019

Axuda da AGAM para asistir ao X Congreso Nacional de Lactancia-Santiago 2019

É un orgullo que Galicia sexa a anfitrioa do X Congreso Nacional de Lactancia Materna, organizado pola IHAN. E como un dos obxectivos da AGAM é promover a investigación e publicación de traballos entre as socias e residentes de matrona, queremos facilitar a asistencia con unha subvención dos custes do congreso:
- 50€ ao presentar un póster.
- 100€ ao presentar unha comunicación oral.

Especificacións da bolsa

- O importe máximo desta bolsa é de 100 € (ao presentar por exemplo un póster e unha comunicación oral, o importe máximo concedido sería 100 €, non son acumulables).

- Esta bolsa está dirixida exclusivamente a socias AGAM e residentes de matrona en Galicia.

- Os traballos deben presentarse antes do 15 de xaneiro e deben estar aprobados polo comité científico.

- Só o autor/a principal poderá beneficiarse desta axuda para a asistencia ao X Congreso de Lactancia.

- As socias da AGAM deberán ser socias desde o 2018 como mínimo.

- Os pagos realizaránse un mes despois da publicación dos traballos no congreso.

Modelo de solicitude

Para solicitar esta bolsa, descarga este modelo de solicitude, cúbreo e envíao a asociacion@ matronasgalegas.org

Faltan só 5 meses para que Santiago de Compostela acolla o X Congreso Nacional de Lactancia. Toda a información para a presentación de traballos atoparédela aquí na web do congreso.

Outras axudas para a asistencia ao congreso

Lembrámosvos que os colexios de enfermería tamén contan con bolsas e axudas, como é o caso do Colexio de Enfermería de A Coruña, o Colexio de Enfermería de Pontevedra e o Colexio de Enfermería de Lugo.

Animádevos a presentar un traballo e lembrade que o prazo para acollerse á tarifa reducida remata tamén o 15 de xaneiro!

Back to Top