A ATENCIÓN Á SAÚDE XINECOLÓXICA DAS MULLERES " CADUCA" AOS 65 ANOS, SEGUNDO A CONSELLERERÍA DE SANIDADE.

A ATENCIÓN Á SAÚDE XINECOLÓXICA DAS MULLERES " CADUCA" AOS 65 ANOS, SEGUNDO A CONSELLERERÍA DE SANIDADE.

A ATENCIÓN Á SAÚDE XINECOLÓXICA DAS MULLERES " CADUCA" AOS 65 ANOS, SEGUNDO A CONSELLERERÍA DE SANIDADE.  As matronas son as primeiras profesionais que atenden as demandas das mulleres en atención primaria.  Desgraciadamente, a idade das mulleres non só é un problema para conseguir un papel en Hollywood. A Consellería de Sanidade está a converter nun filme de terror a sanidade, onde as mulleres maiores de 65 anos son considerados “material caduco”.  As matronas somos as profesionais formadas e especializadas na prevención, promoción e atención á saúde das mulleres en todas as etapas da vida ademais da súa problemática.  Analizando os datos do Instituto Galego de Estatística, o 30% das mulleres galegas son maiores de 65 anos. Segundo a dirección do SERGAS, ningunha delas precisa atención dunha matrona. Non se coñece ningún protocolo no Plan de atención integral á saúde da muller de Galicia que teña en conta este grupo de poboación.  A realidade é que este 30 % xera demandas diarias nas consultas das matronas. Nada que ver coa reprodución, contracepción, citoloxía, etc. Existen múltiples doenzas típicas deste grupo de idade cunha alta prevalencia: os prolapsos, as incontinencias urinarias, as atrofias vaxinais e demais; que repercuten negativamente na calidade de vida. Ademais, as medidas de detección precoz do cancro de cérvix, as cales rematan aos 65 anos, e as de mama, que rematan aos 69 anos, deixan de estar protocolizados e pasan a depender dos síntomas ou doenzas de cada muller.  En todas estas situacións, a educación para a saúde e a atención precoz, son determinantes nos resultados. Polo que limitar aos 65 anos a atención continuada ofrecida polas matronas non fai máis que diminuír a saúde, e consecuentemente aumentar o gasto sanitario.  Isto poderíase corrixir cun número de profesionais e medios suficientes para esta atención, en beneficio destas mulleres.  O colectivo de matronas , malia que se reuniu en varias ocasións coa subdirección de enfermaría e informou desta problemática , non obtivo respostas nin solucións.  A pesar disto, as matronas continuamos atendendo nas nosas consultas a estas mulleres por vontade propia, xa que se seguimos estritamente as indicación da Consellería de Sanidade, a realidade sería non darlles atención.  Animamos a todas as mulleres a que nos fagan saber as súas necesidades, xa que para nós son importantes e, por suposto, serán tidas en conta.

Back to Top