Asistimos ás XII Xornadas de Saúde Perinatal en Santiago de Compostela

Asistimos ás XII Xornadas de Saúde Perinatal en Santiago de Compostela

Un ano máis, Santiago acolleu as Xornadas de Saúde Perinatal e Reprodutiva organizadas pola ACIS do Sergas.

O programa completo desta edición pódese consultar na seguinte ligazón.

Pola mañá, a nosa compañeira matrona Sonia Uceira falou sobre "Cuidados en el proceso de duelo y muerte perinatal".

Pola tarde, a matrona Diana Luque participou na mesa redonda "Banco de Leche" para falar sobre "Consulta de lactancia en el banco de leche humana".

O máis salientable da xornada de onte foi a presentación da nova guía de consulta preconcepcional e embarazo de baixo risco, así coma a presentación dos resultados SICRI-2016 sobre embarazo e parto, no que a AGAM participou.
Además das interesantes ponencias e mesas redondas, o programa incluiu comunicacións orais, casi todas elas lideradas ou presentadas por matronas, coma foi o caso da nosa compañeira Natalia Alonso, cuxa comunicación versou sobre a Aplicación de la escala de Bolonia (BS) en evaluación de la atención al parto en los hospitales gallegos".

Pola súa parte, a matrona Marta Conde presentou parte dos resultados da enquisa sobre a percepción das mulleres galegas sobre a violencia obstétrica.

Cabe realizar unha mencion especial a Marisol Montenegro e as compañeiras do Hospital do Salnés,xa que a súa interesante comunicación sobre o manexo expectante da rotura prematura de membranas gañou o premio á mellor comunicación das xornadas.

Agradecemos un ano máis o esforzo e o traballo de organización destas xornadas de Loli Martinez. Desde a Asociación Galega de Matronas queremos manifestar o noso interese e apoio para que o SERGAS continúe apostando por este tipo de encontros tan necesarios para os profesionais que traballamos na atención perinatal. 

Back to Top