A AGAM no XVII Congreso Fame e II Congreso APROMAP

A AGAM no XVII Congreso Fame e II Congreso APROMAP

A primeira semana de outubro resultou de moito proveito para as matronas de todo o país. Ademáis da celebración da Semana Europea da Lactancia, entre os días 4 e 6 de outubro tivo lugar en Oviedo o XVII Congreso FAME e o II Congreso APROMAP.

Celebración do Congreso FAME 2018 en Oviedo

Baixo o lema "Matrona y mujer: construyendo juntas un futuro", o encontro contou con un progama de luxo, entre as que figuraban como ponentes varias compañeiras da directiva da nosa asociación.

Talleres e ponencias con participación da AGAM

O xoves 4 de outubro leváronse a cabo os talleres. Isabel Abel foi a encargada do taller "Seguridade vial en familia" e Benita Martínez do taller de "Sexualidade Sensitiva"

Marta Bernárdez participou na xornada do venres 5 na Mesa Redonda II - Emerxencias Obstétricas, onde falou sobre "Emerxencia obstétrica no parto domiciliario".

Pola súa parte, o mesmo día Diana Luque falou na Mesa Redonda IV - Mirando cara ao Futuro, no que falou sobre "A matrona: membro do equipo dos Bancos de Leite Materna".

agam_congreso_fame_oviedo_2018_matronas_galegas_diana_luque_matrona_banco_leche_leite_materna

Un encontro moi enriquecedor

O programa do Congreso FAME 2018 versou sobre temas moi variados, recordándonos todos os campos nos que as matronas temos competencias: sexualidade, menopausia, anticoncepción, bancos de leite, o mundo do emprendemento... Pódese consultar o programa completo na web www.congresomatronasasturias.com.

Cómpre salientar o proveitoso e enriquecedor que resulta coñecer cómo se traballa noutros lugares ou como se conseguiron implantar programas onde a matrona sempre debería ser una figura clave. 

Tamen tivemos ocasión de visitar o estand da AMREF, ONG coa que colabora a Asociación Galega de Matronas para que continúen coa importante labor de formación de matronas en África, mellorando así a saúde materno-infantil.

Agradecementos

Agradecemos ás organizadoras todo o seu traballo coidando ata o último detalle para facer que nos sentísemos benvidas, aprendésemos e disfrutásemos ó mesmo tempo. E estamos especialmente orgullosas de todas as nosas matronas galegas que asistiron ao Congreso desde moitas partes de Galicia: Santiago, Lugo, Coruña, Vigo, Ourense e Pontevedra. Saímos do congreso cheas de enerxía e motivación para seguir loitando polo futuro da profesión e pola millora da calidade da nosa atención ás familias. Un aplauso para todas elas!

Back to Top