O coleito favorece a práctica da lactación materna e non aumenta o risco de morte súbita do lactante. Durmir cos pais.

A práctica dos pais de durmir xunto aos seus fillos foi unha constante na humanidade. Co aumento na prevalencia e duración da lactación materna, observouse paralelamente un aumento desa práctica, que posiblemente se dea con máis frecuencia que a recoñecida nas enquisas. Os estudos demostraron interrelación e mutua potenciación entre lactación materna e coleito.
As asociacións e organizacións pediátricas recomendan evitar o coleito, por relacionalo coa morte súbita do lactante. Baséanse, non obstante, en estudos na súa maioría non controlados, baixo a influencia de factores de risco non tidos en conta.

Os autores, tras unha revisión exhaustiva sobre coleito, lactación e morte súbita do lactante, encontran o coleito como unha práctica beneficiosa para a lactación e conclúen que, ben practicado, evitando factores de risco, non garda relación coa morte súbita do lactante.

Ver fonte

 

Temática: 
Recién nacido y crianza
Back to Top