Documentos

Leave blank for all. Otherwise, the first selected term will be the default instead of "Any".
Autor: 
González, Carlos
Temática: 
Lactancia y puerperio
Recién nacido y crianza
ISBN: 
9788484608202

Comer, amar, mamar: Guía de crianza natural

Tres libros de Carlos González sobre crianza natural do bebé, editados en volume único.

Un tesouro para familias acabadas de nacer, para que coñezan as vantaxes do corpo a corpo, a lactación e o coidado amoroso do bebé.

Os tres clásicos de Carlos González nun só volume. Edición revisada, actualizada e corrixida. Comer, amar, mamar, recolle nun só volume os tres grandes libros do pediatra Carlos González.

Todos eles abordan as claves para retornar a unha forma natural de criar os fillos en resposta aos problemas que os pais se encontran no coidado temperán dos bebés: a lactación, a posterior alimentación sólida e a atención nas primeiras etapas da vida son temas básicos destes tres títulos convertidos xa en longsellers.

Autor: 
Gómez Papí, Adolfo
Temática: 
Recién nacido y crianza
ISBN: 
9788467032611

El poder de las caricias

O pediatra Adolfo Gómez Papí avoga polos vínculos afectivos e instintivos dos pais cos fillos.

O contacto pel con pel, alongar a lactación o máximo posible ou coller nos brazos aos bebés cando o soliciten, son imprescindibles para o desenvolvemento emocional e social dos nosos fillos.

Autor: 
González, Carlos
Temática: 
Lactancia y puerperio
ISBN: 
9788499980201

Un regalo para toda la vida

A intención do autor non é outra que ofrecer información práctica a aquelas nais que desexan dar o peito.

Aí é onde o bebé, ademais de comida, busca e encontra cariño, consolo, calor, seguridade e atención.

O importante deste acto é o lazo de unión que se establece entre ambos os dous e que é unha sorte de continuación do cordón umbilical.

Autor: 
González, Carlos
Temática: 
Lactancia y puerperio
ISBN: 
9788461219117

Manual práctico de lactancia materna

Esta obra ten un carácter eminentemente práctico e dá resposta a multitude de preguntas e dúbidas en torno á lactación materna.

Neste sentido aborda unha gran variedade de temas, dende a correcta posición do lactante ou a alimentación de xemelgos ata circunstancias especiais da nai e como resolvelas.

 

Autor: 
Lawrence, Ruth
Temática: 
Lactancia y puerperio
ISBN: 
9788481741766

Lactancia materna

Escrito por unha pioneira no campo da lactación materna, trátase dunha obra de consulta imprescindible para os obstetras, as matronas e todo o persoal implicado na lactación.

Páxinas

Back to Top