Información a pais sobre cribado neonatal de metabolopatías
Información a pais sobre cribado neonatal de metabolopatías: avaliación da situación actual e establecemento de estándares de información basada na evidencia.
En maio de 2013 disparáronse as alarmas trala publicación nos medios de comunicación dos resultados parciais dun estudo titulado: "O coleito cando os pais non fuman: É un risco para o Síndrome de Morte Súbita do Lactante (SMSL)? Análise a nivel individual dos 5 maiores estudos de casos e controis” cuxos autores foron un grupo de expertos encabezados por Robert Carpenter profesor de Saúde Pública de Londres.
A práctica dos pais de durmir xunto aos seus fillos foi unha constante na humanidade. Co aumento na prevalencia e duración da lactación materna, observouse paralelamente un aumento desa práctica, que posiblemente se dea con máis frecuencia que a recoñecida nas enquisas. Os estudos demostraron interrelación e mutua potenciación entre lactación materna e coleito.
As asociacións e organizacións pediátricas recomendan evitar o coleito, por relacionalo coa morte súbita do lactante. Baséanse, non obstante, en estudos na súa maioría non controlados, baixo a influencia de factores de risco non tidos en conta.