Libros

Leave blank for all. Otherwise, the first selected term will be the default instead of "Any".
Autor: 
Calais-Germain, Blandine
Temática: 
Parto
ISBN: 
9788487403330

El periné femenino y el parto

Zona de gozos e tormentos, vive e revive a calquera idade, centro dos eventos femininos (especialmente a través da sexualidade, os partos e o post-parto).

Este libro propón ás mulleres, a través dunha toma de consciencia e da experimentación razoada, comprender o seu corpo, coñecer o seu perineo, construílo ou, se é preciso, reconstruílo.

Linguaxe sinxela, explicacións anatómicas precisas e exercicios prácticos que permiten unha comprensión doada e exacta a nivel fisiolóxico.

Autor: 
Schmid, Verena
Temática: 
Parto
ISBN: 
9788493623753

El dolor del parto

Unha nova interpretación da fisioloxía e a función da dor.

A intención do presente estudio non é a de demonizar a analxesia farmacolóxica nin a de exaltar a dor, senón a de encher un baleiro representado por unha alternativa posible ó parto con medicación e antifisiolóxico mediante analxesia natural e unha información exhaustiva que brinde a posibilidade de elixir, sopesando na balanza dos valores e das necesidades persoais os pros e contras de cada opción.

Autor: 
Verny, Thomas - Kelly, John
Temática: 
Embarazo
ISBN: 
9788479537135

La vida secreta del niño antes de nacer

Nas primeiras páxinas deste libro, Thomas Verny refírenos como a idea de escribilo xurdiu de aquela tarde na que observou a unha xove embarazada cantar placidadamente ó seu ventre de sete meses, nanas anticipadas.

Desde sempre, a muller en estado de xestación estableceu algún tipo de comunicación coa criatura, de maneira que non resulta estraña a evolución científica que se operou nese sentido.

Segundo as últimas investigacións fiables, o feto pode ver, oír, experimentar, degustar e, de maneira primitiva, mesmo aprender.

Autor: 
Lees, Christoph - Reynolds, Karina - McCartan, Grainne
Temática: 
Embarazo
ISBN: 
9788425336911

Estoy embarazada ¿Qué debo saber?

O embarazo é unha das experiencias máis marabillosas da vida de toda muller. Pero, sobre todo a primeira vez, está nubrado por temores, froito en boa parte da falta dun coñecemento certeiro sobre o que pode suceder.

Esta obra ofrece todas as respostas.

Autor: 
Gutman, Laura
Temática: 
Embarazo
ISBN: 
9788498673043

La maternidad y el encuentro con la propia sombra

Neste libro atoparemos palabras para nomear o indefinible, os estados alterados de conciencia da angroda, os campos emocionais ós que ingresamos cos bebés, a tolemia indefectible e ese permanente non recoñecerse máis a si mesma.

Páxinas

Back to Top