Tres libros de Carlos González sobre crianza natural do bebé, editados en volume único.
Un tesouro para familias acabadas de nacer, para que coñezan as vantaxes do corpo a corpo, a lactación e o coidado amoroso do bebé.
Os tres clásicos de Carlos González nun só volume. Edición revisada, actualizada e corrixida. Comer, amar, mamar, recolle nun só volume os tres grandes libros do pediatra Carlos González.
Todos eles abordan as claves para retornar a unha forma natural de criar os fillos en resposta aos problemas que os pais se encontran no coidado temperán dos bebés: a lactación, a posterior alimentación sólida e a atención nas primeiras etapas da vida son temas básicos destes tres títulos convertidos xa en longsellers.