Obradoiro Sexualidade: Cando o xenital nos fala do íntimo

Fechas: 
Ven, 07/06/2019

PROGRAMA

Trátase dun taller vivencial onde o corpo será o protagonista, será o espello, será o obxecto, será o recurso e será a memoria. 

Pinceladas sobre a nosa biografía en clave sexolóxica, sobre a atención que requiren as dificultades e as dificultades que requiren atención.

METODOLOXÍA

Levaranse a cabo diversas dinámicas tanto a nivel individual, de parella e grupal. 
Serán fundamentalmente os sentidos e a respiración os aliados nesta viaxe, a través de:
 - Técnicas como as visualizacións e a relaxación axudarannos a construír solucións.
 - Técnicas do mundo do teatro e da danza axudarannos a explorar.

OBXECTIVO

Recuperar o corpo como fonte de riqueza, de recursos, de empoderamento persoal e de guía para entendernos.

Atopar a través do corpo ferramentas tanto universais como persoais que nos axuden no noso traballo coas mulleres.

REQUISITOS:

1. Cada asistente terá que levar:

- roupa tanto exterior coma interior cómoda, e calcetíns para estar sin zapatos. 

- unha toalla grande e outra de mans. 

- un aceite ou crema fácil de extender.

- un pano para taparse os ollos.

- unha mantiña fina para taparse.

2. Prégase puntualidade, unha vez comezada a sesión non entrará ninguén máis.

3. Non se realizará pausa para sair ao café, pero sí que se realizará algún descanso sobre a marcha, polo que se recomenda levar algo sinxelo para comer (froita, auga, froitos secos...).

IMPARTE

Agurtzane Ormatza Imatz é sexologa (Máster Universidade de Alcalá de Henares de Madrid, e estudos de doutoramento en Parella e Familia da Universidade de Salamanca). Psicóloga Clínica. Psicoterapeuta certificada Europsy. Formacións complementarias tamén en UK e USA. Leva 25 anos traballando en sexoloxía, tanto no campo educativo a toda a Comunidade Educativa, e en formación na área da Saúde (profesionais e axentes que traballan na saúde), como no clínico (asesoramento e terapia). Desde hai 15 anos traballa con grupos de adultos, tanto en talleres para usuarios coma dentro de programas de Formación de Posgrao en Sexoloxía (Master e Experto) onde o corpo é a ferramenta fundamental de traballo. 

Doutra banda, desde hai 20 anos é colaboradora habitual na radio e televisión publica vasca, así como articulista ,escribindo semanal, quincenal e /ou mesualmente para unha fundación científica e a federación educativa. Hai 12 anos que é nai.

PREZO:

  • - Socias AGAM/FAME* e residentes: 45 €
  • - Non socias: 70 €

*IMPORTANTE: O prezo de asociadas aplicarase tamén para quen se asocie ata o día 20 de maio incluido.

DATA E HORARIO: 7 de xuño de 2019. De 9.30 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
LUGAR: Sede de Vigo do Colexio de Enfermería de Pontevedra (Rúa de Aragón, 197, 36206 Vigo).

>>> INSCRICIÓNS:

Debido a un problema técnico na web, a inscrición para este curso realizarase mediante TRANSFERENCIA BANCARIA. Envía un email a comunicacion@matronasgalegas.org e enviarémosche as instrucións para formalizar o pago.

Back to Top