FORMACIÓN O PARTO NA AUGA

Mensaxe de aviso

Submissions for this form are closed.
Fechas: 
Sáb, 25/06/2016 a Dom, 26/06/2016

                                                                                                                         FORMACIÓN O PARTO NA AUGA                                                                                                                       

Este curso cubrirá o como e o porqué integrar o coidado maternal na inmersión na auga, incluíndo os beneficios dos partos na auga como unha opción suave, manexar e previr complicacións, os últimos estudos sobre partos na auga, e a diferenza entre motivos controversiales e motivos absolutos das contraindicacións do parto en auga. Hai unha énfase especial en integración hospitalaria e en seguridade. O parto na auga é unha práctica baseada en evidencia, que abarca máis de 30 anos de datos fiables de investigacións levados a cabo en todas partes do mundo.
Este curso foi aprobado polo American College of Nurse Midwives - programa #2012/028, e tamén foi previamente aprobado para créditos da CME para médicos do American College of Obstetricians and Gynecologists and the American Academy of Family Practice Physicians.

Obxectivos do curso: Esta formación ten como propósito apoiar prácticas da seguinte maneira:

  • Preparar ao profesional sanitario en coidados competentes do uso da inmersión na auga durante o traballo do parto e o nacemento.
  • Ampliar coñecementos sobre temas clave mentres se planea, implementa, prové e documenta coidados maternais que inclúen a inmersión na auga.
  • Promover razoamento analítico relacionados a partos imperturbados e a transición fisiológica.
  • Identificar prácticas de evidencia-información para facilitar á muller a elección informada.
  • Ofrecer a oportunidade para cada profesional sanitario de reflectir sobre as súas propias prácticas de coidados maternais.

Docente Responsable: Barbara Harper

Prezo

  • Socias AGAM e residentes: 250€
  • Matronas non socias, xinecólogos e residentes: 350€

Datas e lugar de realización: Santiago, 25 e 26 de xuño do 2016

Ao final da formación entregásese un  Certificado Oficial de Waterbirth International con 2,6 Créditos de Formación Continuada.

Back to Top