Día da Matrona 2019 - Polo dereito a unha sexualidade plena

Fechas: 
Sáb, 04/05/2019

 

Este ano o lema do Día Internacional da Matrona é "As matronas defensoras dos dereitos das mulleres", e desde a AGAM queremos celebralo centrando a mirada no dereito das mulleres a unha sexualidade plena.

Compañeiras matronas, animadevos a asistir ás actividades que imos desenvolver en Santiago de Compostela, agardámosvos!

PROGRAMA 

09:30 - 10:00 Acollida

10:00 - 12:00 Conferencia "Desexo de que?" de Martina González Veiga, psicóloga especializada en DSG, sexóloga e terapeuta de parella.

12:00 - 12:30 Café

12:30 - 14:00 Mesa "Xoguetería erótica: Do tabú a mercantilización do pracer das mulleres" con Martina González Veiga e Melisa Silva Castro, psicólogas e sexólogas.

>> Martina González Veiga, psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual e de parella. Especialista en Intervención e Acompañamento Psicolóxico en Diversidade Sexual e de Xénero. Técnica en Animación Sociocultural. Divulgadora científica, deseña e leva a cabo numerosas actividades educativas e formativas, tanto para público xeral como para institucións, organizacións e profesionais. Conta con numerosas intervencións en congresos e xornadas de sexoloxía. Fundadora e directora do Centro de Sexoloxía "Con Mucho Gusto!". Colaboradora habitual en medios de comunicación (prensa, radio e televisión), dende 2015 conta coa sección semanal Consellos con Sexo no programa Galicia por Diante da Radio Galega. Membro fundador da Asociación de Sexoloxía Feminista (ASFEM). Membro da División de Psicoloxía Clínica e  da Saúde do Consello Xeral de Psicoloxía de España. Membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGC CCT). www.martinagonzalezveiga.com

>> Melisa Silva Castro, psicóloga e está no seu segundo ano de Máster Oficial en Sexoloxía do Instituto IUNIVES da Universidade Camilo José Cela de Madrid. Desde finais de 2018 está realizando prácticas de sexoloxía no centro "Con Mucho Gusto!", mentras cursa tamén o máster de psicoloxía sanitaria na UNIR e traballa na asociación ACADAR.

14:30 - 16:30 Comida confraternización para matronas (no restaurante O Quitapenas).

Menú: 1º EMPANADA CASEIRA DE ATÚN e PEMENTOS DE PIQUILLO RECHEOS,
            2º ENTRECOSTO Á GRELLA (selecciona CARNE) ou CHIPIRÓNS Á GRELLA CON ARROZ NEGRO (Selecciona PEIXE),
            Postre: Tiramisú, Bebidas: Viño DO Ribeiro/Rioxa, Cerveza ou Auga. 
            Café

*No caso de precisar un menú especial (intolerancias alimentarias, etc.) escríbenos un email a asociacion@matronasgalegas.org.

16:30 - 17:00 Asemblea para socias da AGAM (1ª convocatoria)

17:30 Asemblea para socias da AGAM (2ª convocatoria)

LUGAR: Casa das Mulleres Xohana Torres (Rúa de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, Santiago de Compostela). 

PREZO: Asistencia gratuita previa inscrición ás actividades da mañá. Asistencia á xornada completa, incluindo a comida de confraternización: 15 € socias e residentes, 25 € non socias.

INSCRICIÓN: ata o 26 de abril.

ORGANIZA: Asociación Galega de Matronas, coa colaboración do Concello de Santiago.

Documentos adjuntos: 
Back to Top