Curso Xestión do Estrés

Mensaxe de aviso

Submissions for this form are closed.
Fechas: 
Ven, 10/05/2019

IMPORTANTE: ESTE CURSO APRAZOUSE PARA O 3º TRIMESTRE DE 2019.

1. XUSTIFICACIÓN DESTA FORMACIÓN

No campo sanitario, o traballo diario desenvólvese nun marco de saúde, coidados e promoción da mesma; de atención a un momento vital que adoita estar marcado pola alegría e a esperanza como é a chegada dunha nova vida (no caso do persoal de obstetricia); pero ás veces, estas situacións cotiás felices ven marcadas por factores negativos, estresantes e desgastantes.

Sabemos hoxe día, en parte polos estudos sobre as neuronas en espello, que de forma involuntaria, o cerebro activa e reflicte as emocións daqueles que temos diante de forma que chega a convertela nunha experiencia interna, o cal nos permite adquirir un bo grao de empatía, pero ocorre en ocasións que se activan con elas nosas propias emocións e experiencias, dotándonos dunha sobrecarga emocional que en ocasións custa dirixir e regular. Cando a situación mantense no tempo, pode xerarse a síndrome de Burnout, sen que sexamos conscientes diso. Outras cuestións que se poden apreciar nos profesionais sanitarios e que se derivan da propia actividade asistencial e as condicións nas que se realiza a mesma, son a fatiga por compaixón e a traumatización vicaria. Estes tres aspectos: burnout, fatiga por compaixón e traumatización vicaria, inflúen negativamente no persoal, non unicamente no desempeño cotián da súa actividade, si non tamén a nivel persoal, social e familiar.

2. OBXECTIVOS DO TALLER

  • * Creación dun espazo de aprendizaxe para as profesionais (matronas) que permita a toma de conciencia das súas propias necesidades afectivas, emocionais, anticipando así consecuencias como a fatiga por compasión, o burnout ou a traumatización vicaria.
  • * Detectar a posible presenza destas consecuencias derivadas da práctica profesional e coñecer as ferramentas para actuar sobre elas.
  • * Dotar de ferramentas que permitan a xestión das dificultades emocionais e cognitivas derivadas da práctica da profesión.
  • * Fomentar a autoestima e o empoderamento persoal/profesional.
  • * Crear espazos que permitan a intervisión de casos e necesidades, construíndo unha rede de apoio continuada no tempo.

3. CONTIDOS DO TALLER

  • * Importancia do autocoidado para a vida persoal e profesional. Conceptos de fatiga por compaixón, traumatización vicaria, burnout.
  • * Coñecemento do min mesma; onde estou, de onde veño, cara a onde me dirixo. Todo iso para poder coñecer e manexar as miñas emocións e cognicións.
  • * Interacción entre paciente e profesionais, consideracións, implicacións, consecuencias.
  • * Empatía e contaxio de emocións.
  • * Indicadores de alerta a nivel físico, emocional e cognitivo.
  • * Estratexias de regulación emocional e cognitiva.
  • * Estratexias de afrontamento conductual.
  • * Supervisión e autosupervisión.
  • * A importancia do diálogo e o espazo de comunicación. Desgaste persoal e desgaste do equipo.

DOCENTE: Jesica Rodríguez Czaplicki, psicóloga en GEA Atención Perinatal

PRAZAS LIMITADAS

PREZO:

  • Asociadas AGAM/FAME* e residentes 25 €
  • Non asociadas 50 €

*IMPORTANTE: O prezo de asociadas aplicarase para todas as asociadas e para as que se asocien ata o día 5 de abril incluído.

DATA E HORARIO: 10 de maio de 2019. De 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

LUGAR: Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra (R/José Casal 5, 36001, Pontevedra)

Solicitada a acreditación á Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde.

Back to Top