CURSO DE FORMACIÓN EN XESTIÓN DO ESTRÉS E TÉCNICAS DE RELAXACIÓN PARA MATRONAS

Fechas: 
Lun, 27/04/2015 a Mar, 28/04/2015

Na sociedade actual o estrés e as enfermidades psicosomáticas son a principal causa de baixa laboral. Este curso orientado ó colectivo de matronas, terá en conta as particularidades de este sector, axudando ás matronas a coñecerse mellor, a relaxarse e a  xestionar o seu estrés de forma positiva. Durante o curso as alumnas desconectarán dos seus problemas durante horas e adquirirán ferramentas para xestionar o seu propio estrés e o dos seus pacientes de maneira práctica e vivencial.

 

Os obxetivos este curso son:

Aprender a xestionar o estrés e tomar contacto con diversas técnicas de relaxación, así como promover unha actitude positiva para mellorar o desempeño da actividade das matronas.

 

O equipo de formadores está constituido por:

Ricardo Olabegoya

Licenciado en Ciencias do Mar, Coach Certificado Internacional, Instructor de Firewalking e Formador de Formadores. Ten máis de 15 años de experiencia como formador, con máis de 500 cursos impartidos en España, Portugal e China. Participou como poñente en diversos congresos de carácter nacional e internacional, e foi docente de importantes empresas de diferentes sectores.

Mª del Carmen Galán

Licenciada en Ciencias Económicas e empresariais, Coach Certificada Internacional, Instructor de Firewalking e Formadora de Formadores. Desenrolou a súa carreira profesional no sector financeiro de diversas multinacionais, no ámbito da consultoría en Asia acompañando a empresas no seu proceso de internalización e como Coach de persoas e equipos en diversos países.

 

Data e hora:              27 de abril 2015 de 16:30 a 20:30

                                   28 de abril 2015 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Prezo:             Asociadas:  75€

                        Residentes:  75€

                        Non Asociadas:  95€

 

Lugar : Salón verde do Hospital Psiquiátrico de Conxo.  Santiago de Compostela. 

Número máximo de participantes:25

Data límite para a inscripción:  13 de abril

 

A selección será por orde de inscripción en pago.

Solicitado o recoñecemento polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Back to Top