Curso de actualización en toma de mostras e diagnóstico inicial de infeccións de transmisión sexual

Fechas: 
Xov, 03/09/2015

Ter matronas formadas que saiban recoller correctamente tomas de mostras e que poidan orientar o diagnóstico inicial das ITS, pode axudar a que o resto dos profesionais implicados na saúde das mulleres poidan traballar de forma máis áxil e rápida. Isto proporcionaría maior satisfacción ás mulleres e aos profesionais.

Os obxectivos deste curso son:

  • Actualizar os coñecementos sobre a correcta recollida das diferentes tomas de mostras para a detección de ITS e sobre as propias ITS e infeccións vaxinais máis frecuentes.
  • Adquirir coñecementos para un diagnóstico preliminar de ITS en mostras en fresco.
  • Proporcionar información sobre autoprotección de riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos

Data e hora: 3 de setembro  2015 de16:00 a 20:00

Prezo: Asociadas: Gratuíto
             Residentes: Gratuíto
             Non Asociadas: 15€

Lugar: Salón verde do Hospital Psiquiátrico de Conxo. Santiago de Compostela.
Número máximo de participantes:30
Data límite para a inscrición: 17 de Agosto

A selección será por orde de inscrición e pagamento

Concedidos 0,5 créditos polo Sistema Acreditador de la Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia 

Lamentamos comunicarvos que as prazas para este curso xa están cubertas.  Se o desexas, podes cubrir o formulario de inscripción e quedarás en lista de espera por si houbese algunha baixa.

Back to Top